II Encontro Profesional de Historiadores da Arte de Galicia  

 

A nova interdisciplinariedade. O traballo co Patrimonio Cultural dende diferentes perspectivas profesionais.

 

21 e 22 de novembro de 2008

 

Santiago de Compostela  -  Fundación Caixa Galicia (Auditorio da Casa do Pozo)

 

 

 

Obxectivos               Programa               Inscricións                Enquisa                +info

 

 

 

 

Obxectivos

 

Tras o primeiro I Encontro de Historiadores da Arte de Galicia, que tivo lugar na primavera do 2007 e no que se fixo unha reflexión sobre os diferentes perfís laborais do historiador da arte, estas segundas xornadas terán como finalidade a análise das novas relacións interdisciplinares entre os historiadores da arte e profesionais doutras disciplinas. Baixo o lema “O traballo co Patrimonio Cultural dende diferentes perspectivas profesionais” farase unha análise da utilidade ou funcións da historia da arte dende unha mirada poliédrica en base ás opinións e experiencias laborais de persoas que habitualmente se apoian na nosa materia para o seu traballo cotián.

 

Con este planeamento queremos, por un lado, seguir afondando sobre as funcións do historiador da arte na sociedade actual e, en segundo lugar, dar a coñecer a percepción que outros profesionais teñen da nosa disciplina de xeito que se lle mostren aos asistentes novas formas de aplicar os seus coñecementos en ámbitos laborais tanxenciais aos nosos. Como tema de fondo está a evolución do concepto de traballo interdisciplinar. Este tipo de equipos son obxecto de debate e de reivindicación dende hai máis de 15 anos e sen embargo parece que non é unha práctica que acabe de ser funcional nas empresas culturais e administracións. Trataremos de analizar entón qué é o que sucede para que, sendo o Patrimonio Cultural obxecto principal de estudo para os historiadores da arte, e polo tanto estes os seus principais coñecedores, a presenza destes profesionais nas decisións e intervencións en proxectos patrimoniais sexa relativamente escasa.

 

O encontro terá lugar os días 21 e 22 de novembro na Fundación Caixa Galicia de Santiago. Estará dividido en catro mesas de traballo conformadas por profesionais relacionados co sector cultural que nos darán a perspectiva de cómo enfocan na súa labor a relación co Patrimonio Cultural. Remataremos cun foro de debate que analizará as cuestións planeadas.

 

 

 

 

Programa

 

21 e 22 de novembro

 

Mesa 1: Rehabilitación e restauración monumental - Venres 21 de 11 a 13:30

Mesa 2: Producción artística - Venres 21 de 16 a 17:30

Mesa 3: Xestión Cultural - Venres 21 de 18 a 19:30

Mesa 4: Divulgación de Contidos - Sábado 22 de 10 a 11:30

Mesa de Debate: Carencias e Necesidades dos Profesionais da Historia da Arte - Sábado 22 de 12 a 13:30

 

 

Venres 21

 

10:30-11:00             Acreditacións e Presentación

 

11:00-12:30             Mesa 1: Rehabilitación e restauración monumental. O traballo con monumentos e a elaboración dos informes técnicos

                              Quizais a relación que se establece entre arquitectos e outros técnicos á hora de enfrontarse á rehabilitación dun inmoble sexa das máis interesantes pero tamén das máis controvertidas. Na mesa analizaremos as visións de diferentes profesionais que traballan a cotío neste tipo de intervencións e veremos cómo son na práctica a relación entre os informes dos historiadores da arte e as decisións tomadas polos arquitectos.

-          Iago Seara: Arquitecto

-    (Pendente de Confirmación) Federico Garrido Vila: Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais Xunta de Galicia

-      Concha Fontenla: Historiadora da Arte - Galerista C5 Directora de A Chocolatería e Factoría Compostela

 12:30-13:30           Visita ao proxecto Factoría Compostela

 

 

16:00-17:30             Mesa 2: Produción artística: Deseño e conceptualización de traballos creativos

                              Os traballos de creación, tradicionalmente vinculados aos artistas, son neste momento obxecto de redeseño e cada vez é máis notable a permeabilidade de cara á colaboración e ao traballo en común entre profesionais de diferentes disciplinas que se está a producir no sector. Que papel xoga o historiador da arte en todo este armazón. Esta mesa busca afondar nesas novas relacións, pondo en común as perspectivas de creadores, galeristas e comisarios de exposicións.

-          Miguel Martín: Director Axencia Galega Das Industrias Culturais

-      Charela Díaz e Teresa Rubio: Artista e Historiadora da Arte – Proxecto Airvoland – Artistas Residentes de Can Xalant

-          Virgina Prego: Artista Plástica

 

      17:30-18:00             Pausa Café

 

18:00-19:30             Mesa 3: A Xestión Cultural, proxectando co patrimonio

                              A xestión cultural é unha das profesións que máis directamente traballa cos bens patrimoniais. O número de empresas xurdidas na nosa comunidade dedicadas a esta tarefa é moi elevado e os profesionais que as rexentan presentan perfís moi variados, dende sociólogos a filólogos pasando por xornalistas ou economistas. Sen embargo todos eles teñen un obxectivo común: pór ao servizo da cidadanía o noso patrimonio cultural. Tentaremos amosar diferentes iniciativas que dende múltiples perspectivas, non soamente dende unha óptica artística, traballan co noso patrimonio.

-          Cristina González e Alberto G: Nova Xestión Cultural

-          Pilar bonigno e Beatriz: e-burbulla

-          Susana González: Consultarte

 

Sábado 22

 

10:00-11:30             Mesa 4: Divulgación de contidos culturais

                                 Os xornais dedican cada vez menos espazos específicos aos contidos culturais e é habitual que estes se presenten na     mesma sección que as noticias de sociedade ou ciencias. Esta situación resulta paradóxica se temos en conta que quizais   nunca antes a cantidade de información cultural que se xera foi tan abundante. Ademais non resulta estraño ler artigos nos    que se poñen en tela de xuízo conceptos fundamentais sobre o sector ou non se dá visibilidade a programacións valoradas a nivel internacional mentres que proxectos locais e de cuestionable peso artístico ocupan páxinas completas. Trataremos con   esta mesa de entender cómo funciona una redacción e en que medida afecta aos resultados do traballo dun historiador da  arte.

-          Manuel Gago: Redactor - Culturagalega.org

-          Román Padín: Crítico de Arte

-          Camilo Franco: Corresponsal Cultural – La Voz de Galicia

 

11:30-12:00 Pausa Café

 

12:00-13:30             Mesa de Debate: Carencias e necesidades dos profesionais da historia da arte. O papel da Aphag de cara a unha profesionalización do sector

                                   Esta última mesa enfócase coma un debate aberto entre historiadores da arte para coñecer cales son as súas necesidades como profesionais e ao mesmo tempo coñecer o funcionamento doutros colectivos profesionais da comunidade que compartan con nós as súas experiencias no camiño percorrido de cara a creación de colexios e asociacións profesionais.

 

 

 

Inscricións

 

Inscrición aberta ata completar aforo

 

Descarga o Boletín

 

Inscrición xeral 30 euros

Socios de APHAG Inscrición gratuíta

Estudantes Redución dun 50%

Demandantes de emprego Redución dun 50%

 

As inscricións entregaranse no buzón da asociación na facultade de Xeografía e Historia ou a través do correo electrónico aphag@historiadaarte.org O Boletín deberá acompañarse dos xustificantes de pago das cotas correspondentes que deben ingresarse na conta de Caixa Galicia 2091 0319 22 3040015760 indicando o nome do participante e a palabra Encontro. Aqueles participantes que se beneficien de reducións deberán axuntar as fotocopias dos documentos acreditativos. Os membros de APHAG so terán que confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico da asociación ou no teléfono de contacto.

 

 

+info

 

T 655 754 431

aphag@historiadaarte.org

www.aphag.blogspot.com

www.historiadaarte.org