Ámbito Laboral:
• Defender e promover a profesión do Historiador dar Arte nos
seus diferentes perfís profesionais, destacando a necesidade de
profesionais especificamente formados para garantir a
conservación, a investigación
e a divulgación da riqueza patrimonial artística e cultural.
• Promover a interdisciplinariedade con áreas do coñecemento
afíns ó ámbito artístico, tanto en grupos de traballo como de
investigación.
• Creación dunha base curricular dos Asociados para ofrecer ás
empresas e Institucións que precisen de profesionais da Historia
da Arte.
Ámbito
Formativo:
• Promover e realizar foros de debate ciéntífico-técnicos.
• Promover actividades formativas de capacitación profesional.
• Organizar xornadas e cursos de actualización de coñecementos
para os profesionais da Historia da Arte.
• Contribuír no campo docente para unha mellor formación
académica dos futuros Licenciados.
Ámbito
Divulgativo:
• Publicación de traballos de investigación realizados no seo da
Asociación.
• Publicación dunha revista periódica na que se recollan
traballos inéditos dos asociados.
• Realización de exposicións.
• Organización de actividades de achegamento á Historia da Arte
para estudantes de Bacharelato e ESO.
|